23/3/11

PROGRAMA “LECER E BENESTAR”,


* Este ano o programa cambia de nome “LECER E BENESTAR”, poñer este titulo pero aclarar que sustituie o programa de Turismo Social para que non haxa confusión.
* Este ano non haberá transporte gratuito nas modalidades de turismo termal “todo incluido”, coñece un balneario, coñece un camping e turismo de praia a Panxón. O desprazamento será por conta dos usuarios.
* Na modalidade “Só tratamento termal” unha vez que se lle conceda praza para o balneario que solicita, o usuario solicita persoalmente o balneario a data que lle interesa.
* Non se acompaña informe médico, senon que na solicitude vai unha “declaracion responsable” das condicións de saude
* As modalidades de “Coñece un balneario” e “Coñece un camping” tramitaránse a través de asociacións de persoas maiores e en algún dos destinos tamen de asociacións de persoas con discapacidade. Estas solicitudes valoraránse na Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal, e o modelo de solicitude é especifico para estas modalidades.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o día 15 de abril
INFORMACIÓN:
- páxina Web (http://traballoebenestar.xunta.es), Xefaturas Territoriais e Centros Sociocomunitarios de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar.
- Servizos sociais comunitarios dos concellos e servizos sociais de atención primaria e especializada de saúde.(TLFNO SERV.SOCIAIS CONCELLO DE CEDEIRA:981492179)
- Teléfono social 900 333 666.
IMPRESOS DE SOLICITUDE:
O modelo oficial da solicitudes estará á disposición dos interesados na páxina Web da Consellería de Traballo e Benestar, (http://traballoebenestar.xunta.es) na Guia do cidadán e dos profesionais no MATIASS , enviase publicidade os concellos e centros de saúde, pero non se imprimiron solicitudes.
LUGARES DE PRESENTACIÓN E RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes individuais diríxense ás Xefaturas Territoriais e as de grupo á Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Consellería de Traballo e Benestar.
Poderanse presentar nas departamentos mencionados anteriormente así como nos Centros Sociocomunitarios dependentes da antedita Consellería ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).
REQUISITOS A CUMPRIR POLOS BENEFICIARIOS:
a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista (cumpridos no prazo de solicitude), agás no caso de persoas con discapacidade. O requisito da idade non se precisa no caso de cónxuxe ou acompañante con relación análoga a conxugal.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria ou ir acompañado de monitor, no caso de persoas con discapacidade, e atoparse en condicións de asistir ao Programa.
d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e) Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción.
f) Ter presentado a solicitude, acompañada da documentación regulamentaria, dentro do prazo establecido
g) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado.
h) Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado no prazo que se estableza.
DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:
- Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede.*
- Declaración responsable das condicións de saúde, relativa ao solicitante, ao seu cónxuxe ou acompañante, se procede* (este ano se presenta informe médico)
*Cando non se asine a autorización a Conselleria na solicitude.
- Fotocopia compulsada do libro de familia no caso de acollerse ao concepto de vodas de ouro.
- Informe social relativo ao solicitante e ao seu cónxuxe ou acompañante, se procede, no caso de estar interesado en acollerse á modalidade de prazas gratuítas.
Cando dúas persoas maiores queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.
NOTA:
* Este programa, dentro da modalidade de Balnearios e opción “todo incluído”oferta un total de 30 prazas cunha subvención dun 50% para as parellas que cumpran as súas vodas de ouro neste ano.
Tamén se ofertan en tódalas modalidades un total de 40 prazas gratuítas para as persoas que acrediten unha situación de precariedade económica que lles impida sufragar os gastos da praza, e neste caso a solicitude incluirá informe social.
PREMER NO TITULO DA NOTICIA PARA MÁIS INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario