03/11/09

VIAXE A BOQUEIXON E VEDRA


ANUNCIO
VIAXE A “BOQUEIXON” E “VEDRA”
Comunicase os Srs./Sras. pensionistas que o próximo SABADO 28 DE NOVEMBRO terá lugar unha viaxe a “BOQUEIXON” e “VEDRA”.
PROGRAMA:
- Recepción na casa do Concello
- Visita Illas de Gres e Queixería Bo-Queixo
- Comida

- Visita ó Centro de interpretación do Pico Sacro
- Visita ó Pico Sacro
- Baile e Magosto cos amigos de Vedra
As persoas interesadas en participar nesta viaxe poderán anotarse nas oficinas do Departamento de Servizos Sociais (Auditorio) desde o luns día 9 de novembro ata o venres día 20 de novembro de 10:00 a 13:00 h.
As persoas residentes nas parroquias poderán facelo chamando ó teléfono 981 492 179 (Preguntar por Tono).
O autobús sairá da CAFETERÍA PLAZA ás 10:00 horas da mañá. As persoas residentes nas parroquias deberán estar nas paradas habituais ás 09:30 horas.
PRECIO DA VIAXE............25 €

27/10/09

APOIO A COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN PARA A TDT

NOTA INFORMATIVA


O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través da entidade pública red.es, puxo en marcha o Plan de Apoio a colectivos en Risco de Exclusión para facilitar a tódalas persoas a súa integración na nova plataforma dixital.(TDT)

BENEFICIARIOS:

1 Persoas con discapacidade visual e/ou auditiva recoñecida cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%
2 Persoas maiores de 65 anos cunha dependencia recoñecida de grao III ou II
3 Persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou na compaña doutra persoa maior de 80 anos.



REQUISITOS:
1 Residir nun municipio afectado directamente pola Fase II do Plan Nacional de Transición a TDT
2 Pertencer polo menos a un dos colectivos beneficiarios do Plan
3 Non ser beneficiario deste Plan de Actuacións de Apoio a través de Asociacións ou Comunidades Autónomas
4 Non dispoñer actualmente dun sintonizador TDT no seu domicilio

DOCUMENTACIÓN:
1 Formulario de solicitude de entrega de equipo sintonizador (anexo I) para colectivos de risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT) asinado polo beneficiario
2 Documento Nacional de Identidade da persoa beneficiaria
3 Documento no que conste o domicilio do beneficiario no municipio afectado
4 A persoa maior de 80 anos que vive soa non é necesario presentar ningún documento adicional, e unicamente é preciso asinar o formulario de solicitude que se manifesta esta situación
5 Fotocopia compulsada de documentación acreditativa do grao de discapacidade ou nivel de dependencia do beneficiario emitido pola Comunidade Autónoma, no seu caso.

PRAZO PARA SOLICITUDES NO CONCELLO: ATA O 15 DE DECEMBRO DE 2009
SOLICITUDES E INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Socias do Concello
Tfno.: 981 492 179

Cedeira, 22 de outubro de 2009.
O concelleiro delegado

Alfredo del Río López

RECOLLIDA DE "ZAPATOS PARA ÁFRICA"

"El Corte Inglés,Hipercor e a marca de calzado Kiwi",teñen instalados nos seus departamentos de calzado dentro dos seus establecementos ,uns caixóns sinalizados para a recollida de zapatos destinados a persoas necesitadas en AFRICA.
Desde a concellaria de Servizos Sociais do Concello de Cedeira ,querémonos sumar a esta iniciativa poñendo ó seu dispor os nosos departamentos para que poida entregar os seus "zapatos usados",os cales levaremos directamente ós centros de recollida habilitados a tal fin.

RECOLLIDA EN : SERVIZOS SOCIAIS_Rua Convento s/n-3º andar(AUDITORIO)

DATA MÄXIMA DE RECOLLIDA:10 DE NOVEMBRO DE 2009

.
Desde a Concellaría de Servizos Sociais animamos a todos/as a participar neste proxecto solidario.

17/09/09

OBRADOIROS DE MEMORIA E DA RISA




A CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS COMEZA O  2 DE NOVEMBRO OS PROGRAMAS:
-“OBRADOIRO DE MEMORIA”.
-“OBRADOIRO DA RISA”.
ESTES PROGRAMAS BASÉANSE NA MELLORA E RECUPERACIÓN DAS HABILIDADES COGNITIVAS E PERCEPTIVAS COMO SON A MEMORIA, ATENCIÓN, PERCEPCIÓN,ETC…,ASÍ COMO APRENDER A EMPREGAR O POTENCIAL CREATIVO DA RISA DUNHA FORMA POSITIVA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS HORARIOS NAS  OFICINAS DA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS NO 3º ANDAR DO CENTRO SOCIAL OU CHAMANDO Ó TELÉFONO 981492179.

16/09/09

OBRADOIRO DE MUSICOTERAPIA

O VENRES 20 DE NOVEMBRO 2009 NA BIBLIOTECA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CEDEIRA DE 16:00 A 20:00 H., TERÁ LUGAR O OBRADOIRO DE MUSICOTERAPIA, ORGANIZADO POLO SGI, DEPENDENTE DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA E COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E O INSTITUTO DA MULLER.
PARA APUNTARSE Ó OBRADOIRO DEBERÁN ACUDIR ÓS SERVICIOS SOCIAIS 3º ANDAR DO AUDITORIO E INSCRIBIRSE NA CORRESPONDENTE FOLLA DE INSCRICIÓN, OU CHAMÁNDO Ó TEFÉFONO 981 492179. DATA LÍMITE PARA APUNTARSE 18 DE NOVEMBRO 2009.

DENDE OS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CEDEIRA, ANIMAMOS A TÓDALAS MULLERES A PARTICIPAR NESTE OBRADOIRO.

14/09/09

MONTAÑA EN FAMILIA


Trátase dunha oferta especial destinada a familias numerosas que queiran disfrutar dunha fin de semana diferente en contacto coa natureza, que inclúe o aloxamento en apartamentos e a pensión completa, xunto a un variado programa de actividades.Esta iniciativa xorde da colaboración entre a Estación de Manzaneda, a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería de Traballo e Benestar. Ambos departamentos da Xunta, actuando a través da Secretaría Xeral para o Turismo-Turgalicia e a Secretaría Xeral de Familia e Benestar, buscan incentivar o desenvolvemento do turismo de montaña, ao tempo que fomentan o turismo familiar e a calidade de vida das familias numerosas galegas.
Facer click sobre o título para descargar o díptico informativo.




11/09/09

VISITA DOS NENOS SAHARAUIS DO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"A SERVIZOS SOCIAIS










Nesta ocasión, o Concello de Cedeira trouxo, 2 nenos saharauis, que gozaron dos meses de xullo e agosto nesta vila, lonxe das altas temperaturas dos desertos alxerianos (chegando a alcanzar os 50º). O programa "Vacacións en Paz", promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, ten como obxectivo principal ofrecer unha axuda desinteresada a estes nenos, facilitándolles unha convivencia agradable e humanamente rica no noso país.Como vén sendo habitual nos últimos anos, durante a súa estadia en Cedeira os nenos recibiron asistencia médica e de alimentación, e perfeccionaron a aprendizaxe das linguas castelá e galega. Tamén se lles ofreceron alternativas de ocio e tempo libre, realizando actividades de convivencia coas súas familias de acollida e entre eles.

Nas imaxes ,recollese o momento no que a concelleira de servizos sociais do concello ,fai entrega dunhos agasallos ós nenos durante a súa visita ás dependencias municipais.

29/07/09

VIAXE A PORTUGAL



Fotografía de grupo tomada no Porto(Portugal),na viaxe dos días 18 e 19 de xullo desde Servizos Sociais .

11/06/09

BONO SOCIAL.ENERXIAS ELECTRICAS

Dentro da Tarifa de Último Recurso
(TUR), figura o Bono Social (establecido
no Real Decreto Lei 6/2009).

Qué cubrirá o bono social?

O bono social cubrirá a diferenza
entre o valor da Tarifa de Último
Recurso (a regulada polo Goberno)
e un valor de referencia, que se
denominará tarifa reducida. Devandita
tarifa reducida será a vixente, aplicable
ao consumidor doméstico na data
de entrada en vigor do presente real
decreto-lei.

Os beneficiarios do Bono Social son
persoas físicas na súa vivenda habitual.
De forma automática sono:

- os consumidores con potencias
contratadas nas súas vivendas
habituais inferiores aos 3kw

...e tamén poderán selo tras
acreditar as condicións requeridas:

- os pensionistas de máis de 60 anos
que perciban as cuantías mínimas

- as familias numerosas

- e as familias que acrediten que
todos os seus membros atópanse en
situación de desemprego.

Solicitude do Bono Social

Os pensionistas, familias numerosas e as familias con todos os seus membros no
paro, para ter dereito ao Bono Social terán que solicitalo da seguinte forma:

1 Elixir a Comercializadora (empresa que lle subministre electricidade)

2 Solicitar modelo solicitude a Comercializadora

3 Presentar solicitude acompañada dos documentos que acrediten o
cumprimento das condicións esixidas, para cada un dos tres casos esíxese unha
documentación distinta.

4 A presentación poderá ser ben personalmente ou mediante o envío dun
fax, dunha mensaxe de correo electrónico, ou por correo postal, ás compañías
comercializadoras.

*O Bono Social será de aplicado a partir do primeiro día do mes seguinte á
recepción completa da documentación acreditativa durante un periodo de dous
anos.

... e ademais:

As empresas subministradoras están obrigadas a remitir aos seus clientes nas
facturas de xuño e xullo, información sobre a existencia do Bono Social e sobre o
procedemento para a súa solicitude.

A Seguridade Social enviará unha carta a todos os pensionistas, potencialmente
beneficiarios deste bono social, informando sobre o Bono Social.

Comercializadoras que se ocuparán do Bono Social

A Comisión Nacional de Enerxía (CNE) publicará en Internet unha lista dos
Comercializadores de Último Recurso (CUR), é dicir, das empresas que a partir
do 1 de xullo se ocuparán directamente da subministración da electricidade aos
consumidores con dereito potencial de acollerse ao Bono Social.
http://www.boe.es/boe/dias/2009/06/29/pdfs/BOE-A-2009-10672.pdf

01/06/09

2º ENCONTRO DE MAIORES DO ORTEGAL



A vila de Cedeira acolleu o pasado sábado 30 de Maio unha multitudinaria celebración en honra ós/ás maiores da bisbarra do Ortegal. Dende a organización, que correu a cargo da Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Cedeira, confirmaron que esta segunda edición da festa de maiores constituíu todo un éxito ó superar en case un centenar de persoas os inscritos na primeira edición. Así, participaron neste encontro 620 maiores.
A xornada abriuse coa música da Banda de Musica de Cedeira, que tocou varias pezas antes de dar paso á Coral da Terceira Idade de Vedra, municipio convidado este ano e dende o que se achegaron á vila cedeiresa case cincuenta persoas. Tras deleitar ós/ás asistentes con varias cancións populares a banda de música continuou co seu repertorio para dar paso á intervención dos alcaldes dos concellos participantes(Cedeira,Ortigueira,Cariño),así coma do convidado (Vedra).
Tras a comparacencia dos alcaldes e o saúdo destes ós/ás asistentes ó encontro, procedeuse á entrega de agasallos . Así, homenaxeouse o matrimonio máis lonxevo de todos cantos asistiron ó acto. Unha parella de Cedeira que fai xa dez anos que celebrou as súas vodas de ouro, trátase de Andrés Pérez Toxeiro e Antonia Villar. Ámbolos dous recibiron unha placa conmemorativa por parte da organización.
Tamén recibiu a súa homenaxe a asistenta de máis idade do evento, Josefa Rodríguez Rodríguez, outra veciña, tamén de Cedeira, que xa cumpriu os 97 anos e que tamén recibiu unha distinción.
Para rematar ,e tras o xantar ,houbo tempo para o baile, amenizados pola orquestra Millenium.