20/6/11

PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES

O Imserso quere o benestar das persoas Maiores e, para isto, organiza distintos tipos de viaxes co obxecto de que poidan gozar dunhas merecidas vacacións, podendo optar ás seguintes modalidades:
• Estancias en zonas costeiras para descanso e relax. 
• Circuitos culturais para coñece-la  historia e a arte de España.
• Turismo de Natureza con rutas por paraxes pintorescas.
• Intercambio con outros países.
CONDICIONS PARA PARTICIPAR
Se é residente en España e quere acollerse a este Programa de Vacacións deberá reunir un dos seguintes requisitos:
• Ser maior de 65 anos.
• Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de pensións.
• Ser pensionista de viuvez con idade igual o superior a 55 anos.
• Pensionista de invalidez, outras pensiones ou prexubilados e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos.
Poderá participar co seu cónxuxe ,ao que non se lle esixen requisitos.
También poderán participar os fillos con discapacidade dun grao mínimo do 45% sempre e cando esta discapacidade lles permita viaxar e o fagan acompañados dos seus  pais e compartan  con eles cuarto.
En todo caso, deberá valerse por si mesmo y non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
MÁIS INFORMACIÓN  NAS OFICINAS DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO
RÚA CONVENTO  S/N (EDIF.AUDITORIO)TLFNO:981492179

No hay comentarios:

Publicar un comentario